Wednesday 15 de May de 2024

O BNG de Arteixo presenta unha candidatura para lograr “o concello co que soñamos”


Xurxo Couto destaca a “ilusión, a experiencia e ganas de chegar ao goberno de Arteixo” de todas as persoas que forman parte do proxecto nacionalista

A formación nacionalista dará a coñecer a súa lista para os comicios do 28 de maio nun acto público no Balneario no que participará o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Ademais, o evento servirá para presentar a todos os candidatos do BNG da comarca coruñesa

O BNG de Arteixo conta cunha candidatura chea de “ilusión, experiencia e ganas de chegar ao goberno para lograr o concello co que soñamos”, afirma Xurxo Couto, candidato da formación nacionalista. A lista, que foi aprobada por unanimidade na asemblea local, conta con veciñas e veciños do municipio que proceden dun variado abanico profesional.

“O que nos une a todas as persoas que formamos parte desta candidatura é a idea de que queremos un proxecto político para Arteixo que poña no centro á xente, que é o máis importante da política local”, asegura Couto. “Un concello máis democrático, participativo e transparente, con servizos públicos de calidade”.

“Un concello cun urbanismo inclusivo, democrático, equilibrado e seguro, onde os espazos públicos
sexan de calidade, accesíbeis, onde haxa verdadeiros centros de sociabilización e de convivencia para todas e todos”.

O BNG presentará as persoas integrantes da lista nun acto público que terá lugar o vindeiro venres, 28 de abril, ás 20.00 horas no Balneario, nun evento no que estará presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, así como os candidatos do BNG na comarca coruñesa.

LISTA DO BNG DE ARTEIXO

1. Xosé Xurxo Couto Rodríguez
2. Raúl José Fernández Iglesias
3. María Dolores Rega Nión
4. Juan Carlos López Oliveira
5. Sonia Gómez Castro
6. Xoán Carlos Martínez Montes
7. Lara Vieites Corredoira
8. Juan José Anido Lista
9. Verónica Rozamontes Suárez
10. Jesús Alberto Abeleira García
11. Tamara López Cotelo
12. Javier Gabín Calvo
13. María Dolores Castro Veira
14. Ramón Vieites Vieites
15. Marisa Gabriela López Schmidt
16. Sergio Mañana Rodríguez
17. Rosa María Gómez Amigo
18. Carlos López Cotelo
19. Paula María Gutiérrez Álvarez
20. Xan Antón Sánchez Vázquez
21. María Mato Seijas

Suplentes
1. Jesús Hermelo Sotelo
2. María Belén Naya Montes

AXENDA
Que: Presentación da candidatura do BNG de Arteixo
Cando: Venres, 28 de abril, ás 20.00 horas
Onde: Balneario de Arteixo